HomesociedadeEmbelecemento e mellora de espazos públicos en Currelos

Embelecemento e mellora de espazos públicos en Currelos

O goberno local continúa coa súa liña de estratéxica de mellorar as distintas zonas do municipio e de dotar de mellores servizos aos veciños. Desta volta, acometéronse distintas actuacións de embelecemento no centro de Currelos, así como no acondicionamento de accesos e de espazos públicos municipais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo explica o alcalde, Carlos Armesto, a entidade local levou a cabo traballos de mellora no parque infantil e na fonte, e recuperou o templete da música. En xaneiro tamén está previsto rematar a poda integral da Devesa existente nesta localidade.

Asemade, o rexedor informa que “xa contratamos o aglomerado para acondicionar os accesos ao cemiterio e á antiga escola municipal”.

“Seguimos traballando para mellorar e proporcionar máis e mellores prestacións aos veciños do noso concello. As actuacións indicadas respostan, precisamente, ao obxectivo que nos marcamos de ir cumprindo ao longo da lexislatura o compromiso de actuar nos distintos núcleos porque, ao final, somos conscientes de que se os nosos cidadáns teñen mellores accesos, mellores zonas de lecer ou mellores servizos, tamén melloramos a súa calidade de vida”, conclúe Armesto.

Carlos Armesto / XdL

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...