HomeCultura"Dorothé na vila" este sábado na Pobra do Brollón

“Dorothé na vila” este sábado na Pobra do Brollón

O ciclo de cinema galego da Pobra do Brollón comeza cun documental e taller sobre recollida de tradición musical.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dorothé na vila é un documental, dirixido por Alejandro Gándara e Olaia Tubío. Baséase na musicóloga suíza Dorothé Schubart, que investigou e fixo recollida en Galicia creando un dos cancioneiros máis importantes e recoñecidos.

A proxección comezará ás 19:00 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Despois, ofrecerase un obradoiro para aprender algunhas técnicas de recollida de tradición musical para que os asistentes poidan aplicalas. 

Esta actividade organízase en colaboración coa Escola de Música ‘Samoeiro’ coa idea de tratar de recuperar e poñer en valor parte da cultura musical tradicional da Pobra do Brollón. Será un obradoiro dinámico e orientado a todo tipo de público interesado. 

A participación é gratuíta, previa reserva. Debido ás restricións de capacidade por mor das medidas sanitarias, soamente quedan unhas poucas prazas libres. As reservas fanse por WhatsApp no teléfono 650 624 828.

O Ciclo de Cine Galego Actual é unha proposta de ocio cultural para decembro con tres películas que están de estrea neste 2020. Ademais de Dorothé na vila, inclúe as proxeccións de Reboiras. Acción e corazón (o domingo 20) e o novo filme de Zarauza, Ons, que se proxectará o domingo 27. 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...