HomeCulturaFin de semana teatral en Sarria

Fin de semana teatral en Sarria

Os días 12 e 13 de decembro a Casa da Cultura acollerá dúas obras teatrais, o sábado para público adulto e o domingo para público familiar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O día 12 ás 20:00 h. a Casa de Cultura da vila de Sarria acollerá a obra de teatro “Hotel Desencanto“, a cargo da compañía Hipócrita Teatro e dirixida a un público adulto.

SINOPSE

O Hotel Desencanto non é o mellor lugar para vivir situacións idílicas. Sen embargo, os seus hóspedes semellan ignoralo. Todos, ou case todos, chegan ao Hotel co ánimo de gozar dunha estancia agradable. Lograrano? 

Respectaranse as medidas de prevención indicadas polas autoridades sanitarias e o aforo será limitado segundo corresponda. A organización desta representación teatral é posible grazas á Vicepresidencia da Deputación de Lugo e ao Concello de Sarria.

O domingo día 13, e tamén na Casa da Cultura, representarase a obra “A maxia dos sentimentos” dirixida ao público infantil. Será ás 19:00 h. Aforo limitado e  cumprimento de medidas de prevención da Covid.

SINOPSE

Nun escenario no que se recrea un parque danse cita varios personaxes que representan os diferentes sentimentos que podemos ter as persoas. Esta obra trata sobra a importancia de manifestar os sentimentos nas relacións cos demais. 

A obra está organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e Rebuldeira Teatro.

ÚLTIMAS

Certame de Poesía Infantil de Nadal en Monforte

O Concello de Monforte vén de concovar unha nova edición do Certame de Poesía...

Ramón Díaz-Varela López de Margarita Asesores encabeza a candidatura que asumirá a directiva do CCU este 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano de Monforte celebrou este luns, 23 de novembro, a súa...

O Programa Integrado de Emprego de Chantada chega a un cento de persoas desempregadas

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

O Fiadeiro, territorios que conectan, vincula iniciativas do Courel e da Ribeira Sacra

Máis espazos de coordinación, colaboracións concretas que empecen por proxectos pequenos e acceso en...