HomesociedadeSentenza favorable ao concello de Monforte por unha caída na rúa Cardenal

Sentenza favorable ao concello de Monforte por unha caída na rúa Cardenal

O sinistro polo que se interpuxo a demanda contra o Concello acaeceu o 2 de setembro de 2020, cando M.J.G.V. camiñaba pola rúa Cardenal, á altura do nº 32, acompañada por un familiar, e tropezou cunha baldosa, provocándolle unha caída que fixo que fora trasladara a urxencias do Hospital comarcal monfortino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A persoa demandante recorreu ó Concencioso Administrativo tras a resolución de data 8 de xullo de 2020 que recollía o Acordo de inadmisión a trámite da Xunta de Goberno local do Concello de Monforte de data 6 de xullo de 2020, en resposta á reclamación por responsabilidade patrimonial interposta por M.J.G.V. contra o Concello por caída na vía pública, en concreto, a rúa Cardenal. A tal efecto, esta persoa pedía unha indemnización ó Concello de 3.603,41 euros.

Dende o Contencioso-Administrativo nº 2 de Lugo considerouse probada a caída na vía pública da persoa demandante, xa que a Policía Local de Monforte foi avisada do suceso, e tamén existe un parte de urxencias do hospital comarcal.

Tal e como indica a sentenza, a persoa demandante non presentou como testemuña da caída ó familiar que naquel momento a acompañaba. O motivo principal que supuxo para o Contencioso-Administrativo a desestimación desta demanda contra o Concello foi a “inexistencia de nexo causal, fundamentado nun risco ordinario da vida cotiá”, sendo o feito xulgado ”un mero percance casual, desafortunado y fortuito al que comúnmente están expuestos los peatones, cuyas consecuencias lesivas no pueden trasladarse automáticamente al Concello”.  

Dende o Concello, laméntanse as lesións que esta persoa puidera sufrir a raíz deste “tropezo fortuíto e desafortunado”, e agárdase que, unha vez renovado todo o pavimento desta rúa Cardenal, a principios deste ano 2020, non se produzan máis caídas deste tipo. Destácase que esta sentenza confirma que non todas as caídas que se produciron nesta rúa eran imputables ó mal estado da vía, tal como apuntan desde o Concello.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...