HomeCultura"Poeta en Nova York" este xoves en Monforte

“Poeta en Nova York” este xoves en Monforte

O aforo máximo será de 30 persoas, debido a que a montaxe da propia obra así o determina. A entrada é gratuíta e o acceso ó salón de actos por parte do público realizarase media hora antes do comezo da obra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O ciclo de teatro do Concello de Monforte previsto para o último trimestre do ano 2020 continúa adiante, seguindo as medidas de seguridade e hixiene determinadas polas autoridades sanitarias ante o Covid-19 para a realización deste tipo de actividades. 

Deste xeito, dentro do ciclo “Seráns Teatrais” organizado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, este xoves 17 de decembro ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da obra Poeta en Nova York, da compañía Teatro baixo da area, obra dirixida por Paloma Lugilde e interpretada por Paloma Lugilde, Raquel Velasco e Miguel Torres.

A seguinte obra de teatro que se representará en Monforte será Hotel Desencanto, da Compañía Hipócrita Teatro,  que terá lugar o sábado 19 de decembro, ás 20 horas, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Esta obra dentro enmárcase dentro do programa Circuíto Teatro Afeccionado-Ciclo Argalladas, que organiza o Concello en colaboración coa Deputación de Lugo- Vicepresidencia, e a entrada é gratuíta.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...