HomesociedadeVía libre para expropiar os terreos do futuro 'parque do Hospital' en...

Vía libre para expropiar os terreos do futuro ‘parque do Hospital’ en Monforte

O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, vén de informar que o Concello xa ten permiso da Xunta de Galicia para expropiar os terreos que hai a carón do Hospital Comarcal de Monforte. Neles construirase outro parque público con zona de estacionamento, moi necesario no barrio polas necesidades do propio hospital.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras a autorización aprobada no Concello de Monforte, a Xunta de Galicia deu a coñecer o permiso para expropiar os terreos do futuro parque do Hospital o pasado día 3 de decembro de 2020. O Alcalde foi informado desta decisión persoalmente por teléfono polo Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Deste xeito, o Decreto 218/2020, de 3 de decembro, publicado hoxe xoves 17 de decembro no Diario Oficial de Galicia, declara “a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto denominado Parque do Barrio do Hospital”.

Este proxecto do novo parque público do barrio do Hospital para a cidade, fora dado a coñecer polo Alcalde monfortino a finais do mes de setembro de 2019 e estará ubicado na parcela que linda coa finca do Hospital Comarcal, coa rúa Corredoira, coa rúa Codesás e coa Ronda María Emilia Casas Baamonde.

Tras a declaración da urxente ocupación, que corresponde ao Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2 e 28.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia, o Concello poderá xa iniciar os trámites necesarios para poñer en marcha o proceso de expropiación dos terreos necesarios para levar a cabo este proxecto.

Unha vez adquiridos os terreos correspondentes, elaborarase o proxecto construtivo que defina os detalles do novo parque para o Barrio do Hospital. E finalmente, realizarase a licitación para a adxudicación do proxecto, culminando todo este proceso coa realización das obras na nova zona verde.

O Alcalde, José Tomé, destaca que “hoxe seguimos avanzando na consecución dun importante proxecto construtivo que fará que a cidade de Monforte teña un novo parque público no Barrio do Hospital, dotando a esta parte da cidade dun novo servizo público e que ademais contribuirá a paliar o déficit de estacionamento que ten o Hospital Comarcal tanto para os veciños que van a consulta como os que van de visita”.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...