HomesociedadeMonforte constrúe un novo parque infantil no barrio de Val de Lemos

Monforte constrúe un novo parque infantil no barrio de Val de Lemos

O Concello destinou para a construción do novo parque un orzamento de 73.590,64 euros. O prazo de execución da obra é de 56 días, e está previsto que se inicien os traballos construtivos pasadas as festas de Nadal, a principios de xaneiro de 2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

barrio Val de Lemos localízase no extremo sureste do núcleo urbano de Monforte de Lemos, xurdido no seu día da implantación no lugar dunha primeira urbanización de vivendas sociais de planta baixa, á que despois seguiu unha máis recente de bloques de pisos, constituíndo o conxunto o que se denomina como urbanización Val de Lemos. 

Dita urbanización, xunto a outras vivendas que se foron instalando o seu redor, fai que se concentre no lugar unha alta densidade de poboación neste barrio, en moitos casos, xente nova.

Existe no lugar, á altura dos bloques de vivendas, un espazo público con xogos infantís e unha zona verde que o rodea, sendo este o único espazo destinado a tal fin co que conta o barrio.

A tal efecto, o Alcalde indicou que “sendo coñecedores das necesidades deste barrio, e dado alto número de familias que viven no mesmo, dende o Equipo de Goberno do Concello decidimos levar a cabo a construción dun novo parque infantil no barrio Val de Lemos”. 

“Para iso”, continuou o rexedor municipal, “melloraremos os accesos e os cerramentos do parque, coa construción dunha escaleira no seu extremo sureste, a instalación dunha valla perimetral en parte do seu perímetro e a colocación de pavimento de adoquíns para facilitar a mobilidade no seu interior. Construiremos unha nova área de xogos infantís máis ampla, con xogos adaptados e inclusivos, así como dotarémolo dun pavimento e valla de seguridade. E tamén, instalaremos céspede artificial en todo o resto da súa superficie”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...