HomesociedadeOs viños da D.O. Ribeira Sacra reciben os seus premios de Aosta

Os viños da D.O. Ribeira Sacra reciben os seus premios de Aosta

A D.O. Ribeira Sacra celebraba este venres a tradicional entrega de premios do “Mondial des Vins Extremes”, cita que se desenvolvía en agosto no Val d´ Aosta (Italia). Tradicionalmente esta entrega desenvolvíase coincidindo coa comida de Nadal da D.O. Ribeira Sacra. Nesta ocasión e para cumprir coas restricións da pandemia, a entrega de premios desenvolveuse no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, lembraba na presentación o feeling que a D.O. Ribeira Sacra ten con este certame porque ambos naceron na mesma época “Este certame é un dos máis importantes porque as características dos territorios e dos viños fan que a D.O. Ribeira Sacra sexa un dos espazos máis representativos deste tipo de viticultura. O sector do viño neste tipo de territorios tan complicados é fundamental para asentar poboación e para manter a paisaxe. Toda a dinamización económica e turística deste territorio é consecuencia dunha paisaxe coidada que comezou co viño.” 

A D.O. Ribeira Sacra presentaba este ano, 64 mostras, 53 de tintos e 11 de brancos, pertencentes a 36 adegas, e obtén 11 medallas de ouro:

Medalla de ouro, Categoría Viños Brancos colleita 2019:

  • Viña Garoña de Adegas Viña Garoña S.L.

Medalla de ouro, Categoría Viños Tintos colleitas 2019 e 2018:

  • Os Cipreses 2018 de Rabelas S.L.
  • Acrivro 2018 de Adegas Salvadur S.L.
  • Garoubas 2018 de Fidel Gallego Carreira
  • Ciudaseis Pedras Altas barrica 2018 de María Gloria Alvarín Losada
  • Abadía da Cova Xuño 2018 de Adegas Moure S.A.
  • Finca cuarta 2019 de Rubén Moure Fernández

Medalla de ouro, Categoría Viños Tintos Vendimas 2017 e anteriores:

  • Finca La Capitana 2014 de Regina Viarum S.L.
  • Adega Barbado 2017 de Javier Méndez Arias
  • Finca Cuarta 2017 de Rubén Moure Fernández
  • Alcouce 2014 de Chao do Couso S.L.


Mondial das Vins Extrêmes, que organiza o CERVIM é o concurso enolóxico máis importante, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en zonas da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas. A D.O. Ribeira Sacra é un dos máximos expoñentes mundiais deste tipo de viticultura que hoxe se coñece como viticultura heroica.

ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...