HomeCulturaA longa documental ‘Reboiras’ proxéctase este domingo na Pobra do Brollón

A longa documental ‘Reboiras’ proxéctase este domingo na Pobra do Brollón

A proxección inclúese no Ciclo de Cinema Galego Actual do Concello da Pobra do Brollón e contará coa presenza do director do filme, Alberte Mera.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Continúa o Ciclo de Cinema Galego Actual co que o Concello da Pobra do Brollón propón unha alternativa de ocio cultural para decembro con películas que están de estrea neste 2020.

Este domingo 20 a partir das 19:00 horas será a proxección de Reboiras. Acción e corazón., unha longa documental que se estreou este verán cando se fan 45 anos do asasinato de Xosé Ramón Reboiras Noia, a última vítima mortal da ditadura franquista en Galicia.

O filme recrea a vida e o pensamento de Reboiras a través de entrevistas a 28 testemuñas que con el compartiron diversas etapas vitais, secuencias de ficción e filmacións históricas. Contarase coa presenza do director, Alberte Mera.

O ciclo pecharase o domingo 27 coa proxección de Ons, a nova película de Alfonso Zarauza. As proxeccións son de balde, previa reserva no teléfono 650 624 828.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...