HomeOpiniónConverter en privado o que debería ser público atenta contra a vida...

Converter en privado o que debería ser público atenta contra a vida II

Os xubilados galegos están entre os que reciben as prestacións máis baixas de todo o Estado; a situación é aínda máis flagrante no sector agrario, onde case a práctica totalidade dos que se xubilan teñen que recibir complemento a mínimos. A cousa non mellora no caso das mulleres, cunha xubilación aínda menor.

Publicado o

POR
Jorge Cimadevila
- Advertisement -

A última idea do Ministerio de Seguridade Social é ampliar a 35 os anos de cotización para calcular a pensión de xubilación. As futuras pensións terán unha mingua importante coa finalidade de garantir a sostibilidade do sistema e os traballadores que xa foron precarios e pobres serán pensionistas tamén pobres. Desde a Administración preténdese xustificar esta ampliación de anos sinalándoa coma unha medida vantaxosa para quen sufrira as crises económicas da última década, pois teríanse en conta bases de cotización máis recentes e polo tanto máis altas. O que non nos contan é que outra das intencións desta reforma sería ampliar o período mínimo de cotización para ter dereito a unha xubilación contributiva.

Na Comisión de Seguimento do Pacto de Toledo xa se fala de introducir a denominada mochila austríaca, o soño de todo neoliberal, que consistiría en que parte das contribucións que fai o empresario á Seguridade Social irían para un fondo de capitalización do traballador. Con este modelo reduciríanse as indemnizacións por despedimento e liquidaríase a fórmula de reparto na que está baseado o actual sistema de Seguridade Social español e que tan bo resultado nos deu nos últimos 50 anos.  O cambio a un sistema de capitalización supoñería o acceso ás prestacións en función da sorte que teñamos ao longo da nosa vida profesional.

Desde que lado se conta a historia?

Os xubilados galegos están entre os que reciben as prestacións máis baixas de todo o Estado; a situación é aínda máis flagrante no sector agrario, onde case a práctica totalidade dos que se xubilan teñen que recibir complemento a mínimos. A cousa non mellora no caso das mulleres, cunha xubilación aínda menor, xa que adoitan ser elas as que se encargan das tarefas domésticas e de coidados e non cotizan durante a meirande parte da súa vida activa. Ao non chegaren ao período de carencia, moitas  acabarán tendo pensións de xubilación non contributivas que van depender dos Presupostos Xerais do Estado e non das propias cotizacións.

Vacas nun camiño rural

Os impostos son necesarios para garantir un sistema económico e social xusto, redistributivo. Para garantir a sostibilidade do sistema de pensións deberiamos empregar o sentido común e entender que se queremos recadar máis ten que haber máis traballo e de maior calidade. O lóxico é que se incorpore xente nova ao mercado de traballo que xere eses ingresos e que se adiante a idade de xubilación, garantindo así unhas pensións dignas que alimenten tamén o consumo e por conseguinte a produción. Para intuír isto non fai falla ser economista; trátase de escoller desde que lado se conta a historia: se desde o do reparto ou o da capitalización; se desde o de todos ou só o duns poucos.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...