HomesociedadeIII Concurso de fotografía e felicitación de Nadal desde Pantón

III Concurso de fotografía e felicitación de Nadal desde Pantón

Última semana para participar no 'III Concurso Fotográfico de Nadal' que organiza o colectivo Segredos de Pantón, entidade que aproveita tamén para achegarnos a súa felicitación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concurso que organiza Segredos de Pantón por terceiro ano consecutivo remaa o prazo de entrega de fotografías o 31 de decembro. A continuación, e ata o 6 de xaneiro ás 17:00 horas rematará o prazo de votación para escoller as tres gañadoras.

As imaxes poden enviarse por whatsApp ( 662 669 223 ), por correo electrónico a segredosdepanton@gmail.com, ou a través das súas redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram. 

PREMIOS

1º Premio: Cesta con: 1 Noite para 2 persoas en “Fogar do Pumar”, Lote de produtos de “Cachenas de Pantón”, 2 packs “Finca Míllara”, 2 botes de mel do “Noso Mel”, Comida para 2 persoas nun restaurante por “Arribeirados”, Visita guiada á Rectoral de Castillón e cata de viños, 1 botella “Vertixe” de “Adega Sernande” e 1 Paraugas de “Rosal Moda”.

2º Premio: Cesta con: 1 pack “Finca Míllara”, Lote “O fogar dos soños”, Paseo en zodiac para 2 pers. de “Turismo Pantón”, 1 botella “Casa Moreiras Barrica”, 1 botella “AlmaLola”, 1 bufanda de”Rosal Moda” e 1 Taza + Bolígrafo para Móbil, 1 botella “So What” de “Adega Sernande” e Tablet de “Asesoría O Castro” .

3º Premio: Cesta con: 1 Visita guiada por Pantón de “Galsentur”, Vale por 25 € no taller de costura “Teresa Lamela”, 1 pack “Finca Míllara”, lote “Casa da Fonte”, Libro “Grandes Receitas” de “Estudio Gnomo”, lote “Tuta Fruta”, 1 Chaleco impermeable de “Rosal Moda”, 1 botella “So What” de “Adega Sernande” e 1 botella “Casa Moreiras Barrica”.

FELICITACIÓN DE NADAL

Esperamos que desfrute da Noite das Trangalladas ou dos Cancelos, o 24 de decembro ou o 31 de decembro, cando os mozos e as mozas saían esconder arados, carros e cancelos para cortar os camiños e colgalos da árbores e bebían viño con azucre.

Ou mesmo se prefire seguir o costume antigo da parroquia de Santiago de Vilar de Ortelle de ir tocar as campás á igrexa. Pero coidado, que dunha vez viron unha muller vestida de branco, e baixar e estar no lugar do Outeiro era todo un, xa sabedes, estamos en tempada de meigas…

Que teña coidado o 28 de decembro, que segundo a tradición, é cando as bruxas xúntanse para repartir o traballo para o ano entrante.

Comede ben de figos secos, de bacallau e coidado co viño branco con azucre.

E que o pase moi ben a Noite de Reis, indo cantar aos Reises.

Aquí un verso para pedir o aguinaldo que acostumaba ser castañas ou chourizos:

O señor Antonio

moi ben lle queda o sombreiro;

mete a mau no bolsillo,

tíranos un peso inteiro.

Boas festas e próspero Aninovo!

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...