HomeCulturaA Apalpadora en Sarria

A Apalpadora en Sarria

O espectáculo realizarase este 24 de decembro ás 11:30 h. na Casa da Cultura

Publicado o

POR
re
- Advertisement -

Chega a APALPADORA ao Concello de Sarria.

Nin máis nin menos que a filla do lendario Apalpador, que colle o testemuño do seu pai e baixa da montaña nestas datas para visitar aos nenos e nenas galegas. Contaralle aos cativos e cativas como é a vida na alta montaña e as súas marabillosas lendas e para desexarlles un Bo Nadal trae froitos que recolle durante todo o ano e agasallos que fabrica ela mesma.

Vén cos seus irmáns: o Xoven Apalpador, que trae con el unha maleta chea de natureza e as máis fermosas historias, e o Trotamúsico André, para mergullarse con cancións nas súas incribles andanzas.

Este espectáculo, organizado polo concello en colaboración da Deputación de Lugo, está indicado para todas as idades e ten unha hora de duración.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...