HomeCulturaNadal no Círculo Saviñao

Nadal no Círculo Saviñao

O Círculo Saviñao propón para estas datas de Nadal, teatro, maxia, contacontos e pintura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Círculo Saviñao conta cunha exposición de pintura de Carmen Prado. A mostra que leva por título Pequeniños conta con 37 óleos da pintora lucense e pódese visitar desde o pasado 19 de decembro. Este sábado, 26 de decembro, a partir das 18.00 contarase cunha actividade para todos os públicos, a actuación do mago Deimi.

Este domingo, 27 de decembro, Nova Escena Teatro representa “As fillas de Eva“; unha representación para adultos. A cita será ás 18.00h no auditorio municipal.

O 29 de decembro tamén a partir das 18.00h contarase con contacontos. Fátima Fernandez presentará para o público infantil, “Unha viaxe ó mundo dos contos pop up”.

Xa no vineiro ano, o 1 de xaneiro actuará o grupo Muy Montes, formado polos irmáns Andrés e Paula Montes. O concerto comezará ás 20,00h. E o 2 de xaneiro, tamén a partir das 20.00h, Tarabela creativa, representará o espectáculo “Divas de diván”. En todas as citas débese de acudir con máscara e contarase con aforos reducidos, distancias de seguridade e ventilación.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...