Homesociedade98 operarios e 48 equipos retiran neve das estradas da montaña e...

98 operarios e 48 equipos retiran neve das estradas da montaña e sur da provincia

A Deputación de Lugo mantén despregado dende as 7:30 horas deste luns un dispositivo composto por 24 operarios e 12 equipos, que inclúen máquinas quitaneves e vehículos todoterreo, para garantir a seguridade viaria e atender as incidencias provocadas polas nevaradas desta noite.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O dispositivo traballa en despexar de neve e retirar as árbores caídas en máis de oitenta estradas de 12 Concellos que discorren, sobre todo, pola Montaña lucense (Becerreá, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, A Fonsagrada, Folgoso do Courel e Navia de Suarna, principalmente) e tamén da zona sur da provincia, con incidencia importante nas localidades de Samos, Quiroga e O Incio. 

Os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un, o que fai un total de 420 toneladas, para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías. 

No sur as estradas afectadas son as seguintes:

– Folgoso de Courel: LU-P- 1301, de Seoane do Courel a Pedrafita; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, da Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a Ferrería do Incio; LU-P-4501, de Poio, por Louzarela e Teixeira á estrada de Samos a Courel e o acceso a Meiraos; LU-P_4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes; LU-P-4505, do Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004, “de Cruz de Outeiro pola Seara a Ferramulín; LU-P-5601, de Samos a Courel e Rampa a Santa Mariña.

O Incio: LU-P-2505, de Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón; LU-P-1306, de Megoxe a Ferrería do Incio; LU-P-2501, de San Amaro por Rubián de Cima a A Cervela; LU-P-2502, de Polvoreiro a Ferradal; LU-P-2503, do Incio a Foleibar ata a LU-P5603:LU-P-2504, de Cortellas a Cabanas; LU-P-4706, de Pacios de Veiga por Canedo a Santa Cruz do Incio; LU-P-5711, da LU-642 por San Martiño de Loureiro ao Val do Mao e Souto; e LU-P-2507, de Saa por Cereixido a Freixo. 

Quiroga: LU-P-5001, de Ponte Barreiro a Vilarbacú; LU-P-5004, da Cruz de Outeiro, pola Seara e Ferramulín ao límite provincial; LU-P-5002, de Quiroga por Parteme a Vilar de Lor; LU-P-5005, de Alto de Aldriz a Vilar de Lor. 

Samos: LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte de Lóuzara a Praducelo; LU-P- 5601, de Samos a Courel e Rampa de Santa Mariña; LU-P-1306, de Megoxe a Ferrería do Incio; LU-P-5605, de Parada, por Santalla a Ponte Lóuzara.

ÚLTIMAS

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...