HomesociedadeInchables e pista de xeo para comezar o ano en Quiroga

Inchables e pista de xeo para comezar o ano en Quiroga

Entre os días 2, 3 e 4 de xaneiro o pavillón municipal de Quiroga contará con actividades para os máis pequenos. Inchables e pista de patinaxe serán as atraccións para as que se deberá cumprir un amplo protocolo anti-covid.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A entrada será de grupos de 25 persoas cunha duración dunha hora. Cada neno irá acompañado dun adulto que poderá permanecer nas gradas, agás no caso dos máis pequenos que se permitirá acompañalos ata os inchables, onde serán atendidos por persoal da empresa de ocio.

Antes de entrar no recinto tanto a nenos como adultos tomaráselles a temperatura corporal e asinarán unha declaración responsable de non ter síntomas de Covid, facilitando o seu nome e teléfono de contacto.

Dentro do recinto, que estará dividido en zonas e grupos por idades, é obrigatorio o uso de máscara e calzas desbotables, estas últimas facilitaranse na entrada. Ademais haberá varios puntos con xel hidroalcólico para a hixiene das mans.

Para poder participar nesta actividade gratuíta é preciso inscribirse previamente na Casa de Cultura a través do teléfono 982 435125, xa que non se poderá acceder ao recinto sen cita previa.

Dende o Concello de Quiroga recordan a importancia de seguir todos as medidas protocolarias anti-covid para participar nesta actividade con seguridade.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...