HomeEconomíaSober aproba un orzamento de 2.775.000 euros

Sober aproba un orzamento de 2.775.000 euros

O Concello de Sober vén de aprobar os presupostos de 2021 nos que prima o gasto social e as inversións. As contas ascenden a 2.775.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Sober aproba un orzamentos cunha imaxe efectiva igualitaria, plural e non esterotipada de homes e mulleres na sociedade. Garántese a igualdade no acceso ao emprego, na formación, na promoción e nas condicións laborais. Promociónase a igualdade e a participación activa das mulleres en todos os ámbitos da sociedade recollendo diferentes accións dirixidas á prevención e á loita contra a violencia de xénero.

O rexedor, Luis Fernández Guitián, explica que “estamos ante uns orzamentos totalmente realistas nos que unha vez máis prima o gasto social e os investimentos. Non se sobe ningún imposto, nin taxa, pola contra, contémplase a redución da taxa do lixo nun 10% e a gratuidade do segundo fillo na Gardería Municipal”.

A maiores, destínanse a benestar comunitario e gasto social preto de 1.400.000 euros, mentres que a Cultura, Educación e Deporte van arredor de 275.000 euros.

As inversións supoñen 800.000 euros dos presupostos. No capítulo de inversión séguese apostando por obras de saneamento e abastecemento con 140.000 euros, unha partida de máis de 100.000 euros para a mellora de camiños, que se verá incrementada co Plan Marco de Camiños Rurais. Prevese tamén un investimento de 245.000 euros na renovación de alumeados públicos, 122.000 para a rehabilitación de dúas vivendas municipais en Vilamaior e 40.000 para a mellora da rede de miradoiros (homologación da sinalización, aparcadoiros e mobilidade). No capítulo de inversión recóllese tamén a adquisición dun inmoble para Centro de Interpretación, a instalación dun punto de recarga para vehículos eléctricos ou a reforma do parque infantil de Sober, entre outras.

Axudas ás familias e asociacións

Con cargo ás contas de 2021 creouse unha nova liña de axuda para libros e material escolar que se engade á de transporte universitario. As asociacións poderán optar a axudas para organización de eventos puntuais ou para proxectos de actividades.

Por último, segue tendo un peso importante o fomento do emprego cunha partida de preto de 60.000 euros.

ÚLTIMAS

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...