HomeCultura‘O aninovo dos animais’ na Casa da Cultura de Sarria

‘O aninovo dos animais’ na Casa da Cultura de Sarria

Seguindo coa programación cultural de Nadal, este domingo 3 de xaneiro está programado un espectáculo para os máis pequenos da casa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Chega ao Concello de Sarria unha actividade na que o artista César No convida á celebración do ‘aninovo dos animais’ nunha viaxe especial con eles para axudarlles a resolver os seus pequenos conflitos.

Será o domingo 3 de xaneiro ás 17:30 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura de Sarria e cumprindo as medidas anti-covid pertinentes xa coñecidas por todos e todas.

Sinopse do espectáculo

As folerpas de neve cobren a paisaxe e convértena nun precioso manto branco que non durará moito xa que os nosos animais o cubrirán coas súas pegadas para iniciar unha viaxe misteriosa cara un ano novo.

Teremos que acompañar a un exército de pitas que buscan vinganza, a unha formiga cantante, a un gato saltarín e a moitos animais máis que nos axudarán a combater o frío e que precisarán da nosa axuda para resolver os seus problemas. Súmate a esta viaxe!

Cartel do espectáculo

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...