HomesociedadeCabalgatas en 'tempos de Covid'

Cabalgatas en ‘tempos de Covid’

Concellos do Sur de Lugo tiveron que 'reinventarse' para manter a tradición da Cabalgata de Reis. Aquí vos amosamos algúns exemplos, con galerías de fotos incluídas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Covid-19 impediu que o Concello de Monforte puidese celebrar a súa tradicional cabalgata e recibir aos Reis Magos de Oriente na Casa do Concello. Aínda así, as Súas Maxestades quixeron deixar unha mensaxe de audio aos nenos e ás nenas desta cidade e as parroquias.

En Chantada estiveron unha ‘cabagata estática’, sendo a Praza do Cantón o lugar onde os Reis recibiron aos pequenos e pequenas. Dende as 17:00 ás 20:00 horas atenderon a distancia aos nenos e nenas escoitando as súas peticións e desexos.

Os Reis Magos e dous axudantes na Praza do Cantón. Foto: Concello de Chantada

Os Magos de Oriente visitaron tamén aos nenos e nenas nas súas aldeas do Concello de Folgoso do Courel.

A primeira hora foron recibidos no exterior do Concello pola alcaldesa, Lola Castro, e despois dirixíronse ás aldeas para visitar a todos os nenos e nenas e levarlles os seus presentes.

Tamén aproveitaron para facer a foto co cartel do Xeoparque, que hoxe amenceu nevado.

No Concello de Sober foron parroquia por parroquia para entregar agasallos aos nenos e nenas coa axuda de voluntarios de Protección Civil.

Percorreron todas as parroquias facendo 19 paradas en igrexas, campos da festa e locais sociais onde recibiron a todos os cativos e cativas que agardanban por eles.

Unha cabalgata curiosa tamén foi a que viviron no Concello de Quiroga onde os Reis de Oriente pasearon pola vila en coches descapotables. Melchor, Gaspar e Baltasar, antes da cabalgata, tiveron tempo tamén para entregarlle agasallos aos nenos máis desfavorecidos do municipio, e achegarse ata o Centro de Día e a Residencia da Terceira Idade, onde saudaron dende fóra aos residentes para evitar o contacto con eles por protocolo anti-covid.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...