HomeCulturaEste ano non haberá 'Entroido Ribeirao'

Este ano non haberá ‘Entroido Ribeirao’

A asociación encargada de manter viva esta tradición en Santiago de Arriba, parroquia de Chantada, vén de facer pública a decisión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende a Asociación Amigos do Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba veñen de facer público nas redes sociais que o Entroido Ribeirao 2021, que comenzaría xa o 31 de xaneiro co “Domingo Lambedoiro”, non se celebrará.

A pandemia de coronavirus e as complicacións que poden vir tralo Nadal fixérolles tomar esta decisión. “Cremos que toda precaución é pouca, e que é mellor un ano sen Entroido, que non estar en próximos”, sentencian dende a organización.

A asociación lembra que esta suspensión dos festexos “é por vós, é por nós, é polo ben común”, e din con ilusión traballar xa para a edición do 2022.

Aquí podedes lembrar un interesante artigo sobre este ancestral entroido.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...