HomeMovementos sociaisO CPI Poeta Uxío Novoneyra ‘está en pé de guerra’

O CPI Poeta Uxío Novoneyra ‘está en pé de guerra’

O alumnado non foi este venres a clase e a súa resistencia a aceptar o novo servizo de transporte manterase firme. Contan co apoio de PSdG e BNG, partidos que levarán o tema ao Parlamento Galego, e da Confederación de Anpas Galegas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O CPI Poeta Uxío Novoneyra “está en pé de guerra”, así con estas palabras se expresa a Anpa no seu comunicado de prensa. Os nenos e nenas do Courel non empezaron o colexio este venres 8 como estaba previsto e non o farán mentres a Administración non solucione o problema do transporte escolar. O día 18 está prevista a nova contratación do servizo para 2021-2025 e “non están dispostos a perder máis”, afirman.

A Anpa do Courel conseguiu o apoio do PsdG e BNG, que se comprometeron a elevar sendas cuestións sobre esta problemática ao parlamento autonómico, e tamén da Confederación de Anpas Galegas que entenden esta xusta demanda, pois a situación require segundo eles “un trato diferenciado para unha realidade diferente”.

Aulas baleiras no colexio. Foto: Anpa Courel

Dende a Confederación ANPAS GALEGAS comunican que “o que se perde nesta situación non é só calidade no transporte escolar e postos de traballo, o que perdemos todos é un pouco máis da montaña e do rural. É un problema de todo o país, e polo tanto é un problema noso”.

Esta tarde reunirase de novo a directiva da asociación de nais e pais co obxectivo de planificar novas accións de protesta.

ANTECEDENTES

A ANPA do centro estase a mobilizar como medida de rexeitamento ao novo deseño elaborado polo Goberno galego, que “reducirá o número de rutas” e “obrigará a facer desprazamentos aínda máis longos para ir e volver do colexio”.

Ata o momento, o servizo realizábano taxistas da localidade e organizado en seis rutas. O concurso de renovación da contratación, segundo denuncia a comunidade escolar, impide a estes condutores optar ao mesmo, malia levar 30 anos asumindo o transporte.

Taxistas na porta do CPI Poeta Uxío Novoneyra

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...