HomesociedadeDispositivo invernal para frear o temporal "Filomena"

Dispositivo invernal para frear o temporal “Filomena”

A Deputación de Lugo manterá despregado ao 100% os medios do dispositivo invernal para esta fin de semana ante a previsión de frío e fortes xeadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación Provincial de Lugo porá todos os seus recursos, tanto humanos como técnicos, á disposición da veciñanza da provincia para que a rede viaria provincial e municipal sexa o máis segura posible durante estes días e atender as incidencias provocadas polas extremas condicións meteorolóxicas.  

A previsión é que o operativo inclúa un total de 112 operarios e 64 máquinas, ademais de 420 toneladas de sal nos 12 silos cos que conta, situados estratexicamente noutros tantos concellos da provincia. Respecto a este elemento fundente para combater a neve e o xeo, a Deputación lembra que todos os concellos que necesiten abastecerse por razóns de urxencia deberán dirixir unha solicitude previa ao coordinador de emerxencias da rede viaria provincial co obxectivo de dar unha resposta eficaz e axeitada a cada unha das peticións, así como facer un control ordenado dos recursos.

A institución provincial recomenda á cidadanía consultar as previsións meteorolóxicas antes de calquera desprazamento e extremar en todo caso as precaucións.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...