O Concello de Monforte vén de informar da validación da xustificación de axudas concedidas a 4 entidades monfortinas para cubrir gastos da súa actividade durante este ano 2026.
A Xunta de Goberno Local aprobou, días atrás, os expedientes que correspondían ás axudas xustificadas de catro entidades monfortinas dos ámbitos empresarial, cultural e deportivo. As subvencións alcanzan o total de 12.000 euros.
Trátase das xustificacións presentadas pola Agrupación Deportiva A Ponte Vella, que percibiu 1.000 €; a Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo, cunha subvención concedida de 3.000 €; Clarisas Centro Purísima Concepción, por unha axuda de 4.000 €, e a Asociación Festival Carude Rock, que recibiu unha aportación de 4.000 €.
O Alcalde, José Tomé Roca, destaca o importante traballo que realizan estas entidades en cadanseu ámbito, “por iso desde o Concello colaboramos moi estreitamente con eles, para que estas entidades poidan desenvolver as súas actividades e proxectos nas mellores condicións posibles”.

