HomeMedio ambiente e PatrimonioSarria apúntase á 'compostaxe'

Sarria apúntase á ‘compostaxe’

Sogama subministraralle 50 composteiros de 390 litros para que veciñas e veciños poidan transformar a materia orgánica das súas hortas e/ou xardíns.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria, na súa aposta polo coidado do medio ambiente e a sustentabilidade, iniciará unha expereiencia de compostaxe.

Sogama subministraralle 50 composteiros de 390 litros -fabricados con materiais reciclados e reciclables- cos seus correspondentes manuais de compostaxe. Poderán utilizalos todos os veciños e as veciñas de Sarria que teñan unha pequena horta ou xardín onde despois reutilizarán o compost que produzan.

Para participar desta iniciativa, os e as interesados/as poden acceder ao formulario de solicitude que estará colgado na páxina web do concello en www.sarria.es a partir do vindeiro luns 11 de xaneiro. A presentación da devandita solicitude, debidamente cumprimentada, realizarase no rexistro de entrada ou en sede electrónica antes do 29 de xaneiro.

A adxudicación dos composteiros farase por rigorosa orde de presentación e rexistro de solicitudes e comunicarase persoalmente aos interesados e ás interesadas. O mesmo día da entrega dos composteiros, xunto co seu manual de uso, ofrecerase un curso aos adxudicatarios/as.

ÚLTIMAS

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...