HomeSucesosO choque dun vehículo contra unha casa en Samos deixa un ferido

O choque dun vehículo contra unha casa en Samos deixa un ferido

O ocupante conseguiu saír polos seus propios medios do coche, o impacto provocou importantes danos no garaxe que convén retirar, ademais de asegurar a estrutura.

Publicado o

- Advertisement -

Un vehículo chocou este sábado contra unha vivenda e causou danos nun garaxe anexo na parroquia de Renche, en Samos. Segundo informou o 112, o ocupante saíu do coche polos seus propios medios, aínda que necesitou asistencia médica.

A alerta sobre o sinistro chegou ao 112 Galicia ás 8,30 horas procedente de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, polo que xa se activaron os efectivos para atender ao ferido.

Pola súa banda, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Sarria, pois, aínda que o ocupante conseguiu saír polos seus propios medios do coche, o impacto provocou importantes danos no garaxe que convén retirar, ademais de asegurar a estrutura.

Nestas tarefas traballaron os bombeiros.

ÚLTIMAS

Xa é Nadal no CC Ponte Vella de Ourense

Ponte Vella deulleo pasado venres 20 de novembro a benvida ao Nadal co acendido...

Murais, performance e manifestos na celebración do 25N no sur da provincia

O Concello de Monforte de Lemos conmemorou o 25-N, Día Internacional da Eliminación da...

A ‘Quiroga Bike Marathon’ anuncia data para 2027

Os organizadores da "Quiroga Bike Marathon", unha das probas de MTB de referencia no...

O BNG de Monforte demanda mellorar a accesibilidade e a seguridade peonil

O voceiro municipal do BNG, Emilio J. Sánchez, asegura que en distintas rúas de...