HomeCulturaA Fundación Uxío Novoneyra recibe unha achega para contratar a 3...

A Fundación Uxío Novoneyra recibe unha achega para contratar a 3 persoas

Grazas a un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo contará cunha achega de 16.500 euros que lle permitirá contratar a 3 técnicos a media xornada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo colabora co labor e o funcionamento da Fundación Uxío Novoneyra a través dun convenio de colaboración de 16.500 €, que foi asinado o 7 de xaneiro polo Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, e o representante da Fundación, Uxío Novo Rey.  

O devandito convenio permitiralle á Fundación Uxío Novoneyra reforzar o seu persoal coa contratación de 3 técnicos a media xornada. Estes traballadores farán posible unha mellor aplicación dos protocolos Covid nos museos e responder á demanda de visitas guiadas da súa casa-museo.   

A colaboración do organismo provincial con esta e con outras entidades e institucións culturais ten por obxectivo dinamizar a vida cultural na provincia para poñer en valor o patrimonio literario, patrimonial e cultural co que conta a provincia.

RECOÑECEMENTO RECENTE

A Fundación Uxío Novoneyra foi unha das entidades gañadoras na categoría ‘Lugo Cambia ao Turismo Lucense‘ organizados pola Deputación de Lugo. O Consello Provincial de Turismo premiou a súa dedicación e traxectoria profesional como institución, o desenvolvemento de accións innovadoras en materia de creación de produtos turísticos, o impulso de accións innovadoras e tamén o férreo traballo en prol da calidade turística.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...