HomesociedadeSuspéndese o prazo de presentación de ofertas no contrato de transporte escolar...

Suspéndese o prazo de presentación de ofertas no contrato de transporte escolar para analizar as alegacións

A Xunta de Galicia vén de decidir suspender o prazo de presentación de ofertas na licitación das rutas de transporte escolar, que remataba o vindeiro 18 de xaneiro, para así analizar polo miúdo as diferentes alegacións recibidas de diversos colectivos implicados no proceso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conselleiro Román Rodríguez reuniuse este luns, 11 de xaneiro coa alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, para informala persoalmente deste asunto. Como indica a resolución, dado que os aspectos “postos de manifesto polos interesados poden ter transcendencia no desenvolvemento do proceso de adxudicación e na execución posterior do contrato, é preciso a súa avaliación e comprobación polos servizos técnicos da Consellería”, para o que é necesario paralizar os prazos. O obxectivo, segundo a Xunta, é ofrecer o mellor servizo nun contrato que estará en vigor nos dous próximos cursos, prorrogable por dous máis.

Unha vez determinado o alcance destas rectificacións, procederase a reanudar ou prorrogar os prazos iniciais de presentación de ofertas ou, no seu caso, retrotraer o expediente ao momento da aprobación dos pregos para subsanar estes erros, do que se dará a oportuna publicidade a través da plataforma de contratación da Xunta.  

A Consellería de Educación licitou en decembro o transporte escolar nas rutas que lle corresponden, o 47% do total. Trátase dun proceso de gran complexidade técnica con 1.574 rutas en 424 centros de ensino, divididas en 57 lotes, cun importe de máis de 81M€. A paralización do proceso non afecta á prestación do servizo neste curso. 

Concello de Folgoso do Courel

A alcaldesa do Concello de Folgoso do Courel, Lola Castro, agradece que a Xunta atendera as reivindicacións trasladadas desde o Goberno local e a comunidade educativa en relación coa proposta para o transporte escolar. Lola Castro asegura que o modelo proposto inicialmente era prexudicial para os taxistas que fan o servizo e tamén para os escolares, que se ían ver afectados.

Precisa que o de hoxe é o primeiro paso e que o Concello de Folgoso do Courel se compromete a participar nas reunións de traballo que organice a Consellería neste novo período que se abre para que se atendan todas as alegacións presentadas e se poida manter o servizo tendo en conta as condicións especiais que presenta o municipio.

cacerolada colexio Folgoso do Courel / Anpa Folgoso do Courel

ÚLTIMAS

A doutora Mª José Martín, relatora nun prestixioso congreso sobre cirurxía bucal

A Doutora Mª José Martín, coñecida polo seu labor ao fronte dunha clínica odontolóxica...

Accidente de tráfico na Pobra do Brollón

O ocupante dun turismo tivo que ser liberado ao quedar atrapado polos pés tras...

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...