HomesociedadeA Xunta adianta o toque de queda ás 22.00

A Xunta adianta o toque de queda ás 22.00

As principais restricións son un máximo de catro persoas en reunións públicas e privadas. Neste punto, e dado que toda a hostalaría pechará ás 18,00 horas, Feijóo pediu "non substituír" estes encontros nos bares e restaurantes nos domicilios privados, isto é, non realizar reunións de non convivientes entre as 18,00 e as 22,00 horas, do toque de queda novo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Galicia adianta a partir do venres o toque de queda ás 22,00 horas, toda a hostalaría deberá pechar a partir das 18,00 horas e os comercios terán un horario máximo ata as 21,30 horas. Estas medidas súmanse ás recomendacións de evitar ao máximo as reunións ou encontros con non convivientes, que están limitadas a catro persoas en toda a comunidade, e de levar a cabo unicamente actividades “esenciais”.

Destas medidas e recomendacións informou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico deste martes. Nela, informou de que, con carácter xeral, “non hai ningún concello que non estea sometido” a restricións en toda Galicia e todos quedan comprendidos nos dous niveis máis altos de protección conforme ao protocolo establecido.

Feijóo fixo a “recomendación” de levar a cabo só “o esencial”, como é “acudir ao médico, colexios, coidado de maiores e menores, acudir a comercios a comprar aveños indispensables e acudir con normalidade ao traballo”, aínda que neste punto fixo fincapé en que “sempre que sexa posible” se recupere o teletraballo.

As principais restricións son un máximo de catro persoas en reunións públicas e privadas. Neste punto, e dado que toda a hostalaría pechará ás 18,00 horas, Feijóo pediu “non substituír” estes encontros nos bares e restaurantes nos domicilios privados, isto é, non realizar reunións de non convivientes entre as 18,00 e as 22,00 horas, do toque de queda novo.

O comercio deberá pechar ás 21,30 horas, as tendas seguirán con aforamentos reducidos ao 50 por cento, a vixilancia en centros comerciais reforzarase e están prohibidos os usos comúns.

Feijóo indicou que, “de non facer nada”, o pico da terceira onda produciríase a finais de febreiro pero que, con estas medidas, espérase poder adiantala a finais de xaneiro ou principios do próximo mes. As medidas durarán, polo menos, ata mediados de febreiro, confirmou o mandatario autonómico, quen tamén apuntou que con elas se pretende minimizar a presión hospitalaria e os ingresos en UCI.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...