HomesociedadeA Covid avanza: Lugo suma 88 contaxios máis e 4 novas hospitalizacións

A Covid avanza: Lugo suma 88 contaxios máis e 4 novas hospitalizacións

Dous dos ingresos en UCI resultan de traslados do Hospital de Ferrol ao Lucus Augusti polo aumento da presión hospitalaria no primeiro.

Publicado o

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo segue aumentando os casos de Covid entre a súa poboación a un ritmo sostido. Se ben na xornada anterior se sobrepasaba de novo o limiar dos 1.000 ata os 1.031, este domingo a provincia de Lugo alcanza os 1.098 contaxios activos, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desta maneira, nas últimas 24 horas confirmáronse un total de 88 novos contaxios a través da proba PCR. Isto implica un aumento de 4 casos con respecto aos rexistrados o día anterior, cando se detectaron 84.

A situación nos hospitais tamén se mantén á alza. Das 1.098 persoas contaxiadas, 37 atópanse en unidades de hospitalización, de maneira que dúas persoas máis foron ingresadas nas últimas 24 horas. Tamén se incrementa o número de persoas que se atopan en coidados intensivos: se na xornada anterior se contaban catro – todos eles no C.H.U. de Lugo -, este domingo rexístranse seis. Estas dúas persoas foron trasladadas dende o Hospital de Ferrol ao Lucus Augusti polo aumento da presión hospitalaria no primeiro.

O reparto por hospitais queda, pois, do seguinte xeito: o Hospital Público da Mariña atende 13 pacientes infectados – 1 menos -, o C.H.U. de Lugo conta con 19 – tres máis, e entre eles, os seis en coidados intensivos –, e o Hospital de Monforte rexistra cinco pacientes – sen cambios –. En total son 43 hospitalizados.

No histórico da provincia documéntanse 151 falecidos, 7.009 altas e 8.264 casos acumulados dende o inicio da pandemia. Fixéronse, ademais, un total de 140.146 probas PCR.

CASE 60 HOSPITALIZACIÓNS EN GALICIA

Galicia sumou outros 58 hospitalizados con coronavirus nunha xornada na que os positivos detectados por proba PCR volven estar en máximos da pandemia. Os 1.124 casos diagnosticados supoñen a segunda cifra máis alta ata a data, só superada polos positivos do sábado, día no que se realizaron unhas 600 probas máis que as practicadas nas últimas 24 horas.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...