HomesociedadeMonforte pecha o parque infantil da Compañía para a súa ampliación e...

Monforte pecha o parque infantil da Compañía para a súa ampliación e mellora

Este mércores, día 20, procederase ó peche tanto do Parque Infantil como da zona de musculación, a fin de proceder ó inicio da ampliación e mellora do Parque así como á construción dunha nova Pista de Skate na parte media do extremo sur desta zona.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A obra de ampliación e mellora do Parque Infantil da Compañía foi adxudicada a Calfensa Proyectos S.L. por un importe de 145.164,91 euros,  mentres que  o proxecto de construcción da Pista de Skate na zona da Compañía foi adxudicado á empresa Obras y Servicios Gómez Crespo S.L., por un importe de 64.737,42 euros, polo que a inversión nesta zona da cidade casi alcanza os 210.000 euros.

O Alcalde destaca que estas dúas actuacións supoñen “melloras moi significativas nun dos lugares que acapara unha maior actividade da cidade, como e a zona da Compañía, sobre todo no referente ao esparcemento e lecer da poboación, así como á presenza de turistas, o que fai que a súa área de xogos sexa a máis utilizada pola poboación infantil, que en moitos momentos abarrotan dita instalación. E a construción da nova pista de Skate responde a unha carencia deste tipo de instalacións específicas na cidade, e que da resposta ós usuarios deste tipo de deportes urbanos”.

As actuacións no Parque Infantil da Compañía consistirán, en primeiro lugar, na ampliación da área de xogos, que será dotada de mobiliario urbano e elementos de xogo, inclusivos e adaptados. Dita ampliación conlevará o reacondicionamento das zonas axardinadas, dos accesos, das redes de abastecemento do sistema de rego, alumado público e saneamento da zona do Parque onde se sitúa dita área de xogos.

Renovarase o pavimento e melloraranse as condicións da fonte ornamental. O prazo de execución estimado é de aproximadamente 5 meses e medio.

Pista de Skate

A pista de Skate de Monforte contará cunha combinación de módulos de rampas e tobogáns, así como tubos e railes “grindrails”, que permitirán a realización de gran variedade de trucos ós afeccionados á práctica deste deporte.

A zona onde se ubicará a pista sitúase na parte media do extremo sur do Parque da Compañía, no espazo existente ó suroeste da pista polideportiva, onde se atopan instalados unha serie de aparellos de exercicios de musculación ao aire libre e no que existe unha vella solera de formigón, dando fronte todo iso á rúa Paseo de Lugo.

A construción da pista de Skate proxéctase sobre unha superficie duns 253 m2, á que hai que engadir as zonas anexas das súas marxes que deberán ser reacondicionadas e nas que se recolocarán os aparellos de exercicios de musculación.

 

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...