HomePolíticaO BNG de Monforte pide modificacións no servizo de bus urbano

O BNG de Monforte pide modificacións no servizo de bus urbano

O BNG de Monforte de Lemos presentará no vindeiro Pleno Municipal unha solicitude de modificación das paradas e horarios do transporte urbano e a sinalización e pintado dun paso de peóns na rúa Poeta Manuel María.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No mes de febreiro de 2020, botou a andar a nova concesión de bus urbano de Monforte de Lemos. Unha das novidades desa concesión, era a gratuidade do transporte público. Hai poucos días modificáronse os horarios e as paradas do bus urbano, algo que dende o BNG aseguran non apreciar, “A xuízo do BNG non apreciamos grandes cambios respecto das condicións anteriores. Se ben somos conscientes de que o Concello de Monforte non está obrigado a prestar este servizo, non entendemos porqué, xa que existe, non abrangue toda a área urbana, algo que xa apuntáramos no momento de tratar esta concesión no Pleno.”

Consideran os nacionalistas que é un agravio comparativo para os veciños das rúas Xoán Montes, Cruce da Vide ou Malvarón, entre outras, ao non prestárselles este servizo. Engaden desde o BNG “Dentro desta mesma situación atópanse as parroquias non urbanas. Hai que entender que no rural, a poboación está envellecida e non ten doado desprazarse á cidade para realizar as súas xestións, xa que o servizo de transporte público tampouco chega ás aldeas, algo que tería doado amaño coa implantación dun servizo de taxi a demanda.”

O BNG levará ao pleno do luns, ademais desta moción, un rogo para a sinalización e pintado dun paso de peóns na rúa Poeta Manuel María. Esta rúa, no inicio ca rúa Saviñao, remata na intersección coa Ronda Ma Emilia Casas Baamonde, e co paseo que a percorre. “A senda peonil é utilizada diariamente pola veciñanza de Monforte de Lemos, que ve nesta traza unha zona idónea para pasear e facer exercicio. Con todo, no cruce sinalado, non existe paso de peóns ningún que permita continuar a marcha con seguridade.” Por este motivo, o concelleiro nacionalista pedirá que, previo informe dos servizos municipais competentes, se pinte e sinalice este cruce peonil, de cara a garantir a seguridade na referida intersección.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...