HomeMedio ambiente e Patrimonio1,5 millóns de euros para revalorizar o patrimonio cultural dos concellos ourensáns...

1,5 millóns de euros para revalorizar o patrimonio cultural dos concellos ourensáns da Ribeira Sacra

A Xunta de Galicia está destinando máis de 1,5M€ para poñer en valor bens patrimoniais dos concellos de Ourense incluídos na paisaxe cultural da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno galego está levando a cabo obras de rehabilitación por un importe de preto de 165.000 euros no mosteiro de Xunqueira de Espadanedo. O Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, vén de visitar as obras e salientou que se trata dunha actuación que permite dar un importante paso na posta en valor da paisaxe da Ribeira Sacra, que encara a recta final para ser declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. 

Durante a súa visita, Román Rodríguez, subliñou o compromiso da Administración autonómica coa conservación do patrimonio cultural e artístico de toda Galicia, e en particular co da Ribeira Sacra. Neste sentido avanzou que o Goberno galego ten xa comprometidos máis de 600.000€ para seguir actuando nos concellos ourensáns ata 2022.

O proxecto que está en marcha conta cunha achega por parte do Goberno galego de preto de 165.000 euros e está cofinanciado con fondos FEDER. A actuación permitirá solucionar os problemas de humidade e resolver as carencias de conservación vinculadas fundamentalmente á entrada de auga revisando algunhas das solucións construtivas que se incorporaron recentemente. Ademais, os traballos inclúen, entre outras cousas, diferentes actuacións no acabado das escaleiras da zona porticada da oficina de turismo e tamén na súa fachada norte.

Unha decena de actuacións

Estas actuacións enmárcanse no compromiso do Goberno autonómico por avanzar na posta en valor do patrimonio cultural galego. Neste caso, actúase sobre un ben que forma parte do extenso patrimonio da Ribeira Sacra e ao que a Xunta dedica importantes esforzos nos últimos anos. Así, no caso da provincia de Ourense levaronse a cabo preto dunha decena de actuacións de mantemento e restauración e bens como o de Santo Estevo de Ribas de Sil, o mosteiro de Santa María de Montederramo, a igrexa de Santa Cristina de Ribas de Sil ou a igrexa de San Pedro de Rocas.

Ademais, este compromiso verase reforzado nos orzamentos do vindeiro ano, nos que a Xunta de Galicia intensifica o seu compromiso co patrimonio artístico e cultural cun incremento do 19%. No caso concreto da Ribeira Sacra prevese investir neste exercicio, o ano da súa posible declaración pola Unesco, máis de 1,5M€. 

ÚLTIMAS

Quiroga celebra este 25 de outubro o QuiMedo con 8 casas do terror

A cita do terror pechou o prazo de inscricións unha vez se acadaron os 1.200...

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga...

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...