HomesociedadeAs restricións responden a intereses sanitarios ou políticos?

As restricións responden a intereses sanitarios ou políticos?

Non todos no Goberno galego están a favor das novas restricións que, de facto, supoñen case un novo confinamento. Unhas medidas que teñen e terán un forte impacto na economía do país. Por iso, no Comité Clínico tamén se discutiron outras posibilidades, entre elas, as de adiantar o toque de queda ás 20.00 horas e evitar, deste xeito, medidas máis restrictivas como ás que, finalmente, se adoptaron.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participaba este luns nun longo Comité Clínico que remataba cun novo confinamento. Unhas medidas que foron amplamente discutidas e debatidas no seo dese comité e no que, ademais de decisións sanitarias, tamén pesaron as decisións políticas á hora de adoptalas. De feito, a indefinición das medidas ata case o mesmo momento da comparecencia de Feijóo provocou ordes e contraordes en distintos departamentos.

Esas novas medidas recollen o peche perimetral de todos os concellos, a limitación das relacións socias a convivintes, a suspensión de toda a actividade non esencial, as restricións ás prácticas deportivas, o peche da hostalaría, de toda a actividade cultural e dos comercios a partir das 21.00 horas e tamén o peche de universidades, centros da EOI e conservatorios.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...