HomeCulturaPublicación sobre etnomedicina e etnografía no Courel

Publicación sobre etnomedicina e etnografía no Courel

A farmacéutica, investigadora e divulgadora, María Moure, vén de publicar "María das Herbas e as Herbaxeiras do Caurel". Crónica da Cultura Popular dunha Terra Extraordinaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“María das Herbas e as Herbaxeiras do Caurel” conta con limiar de Felipe-Senén López Gómez, membro da Academia Galega e unha autoridade en relación á Cultura Popular Galega. A autora pasou dous anos na serra courelesa entrevistando ás persoas do concello de Folgoso do Courel e contorna.

A obra que conta ca colaboración da Fundación Uxío Novoneyra, Deputación de Lugo, Caixa Rural Galega e o Colexio Farmacéutico de Lugo é o primeiro tomo dunha triloxía que ten o catálogo de plantas medicinais como fío conductor. 

O libro de 316 páxinas e 245 fotos pretende ser un referente diferenciador respecto ó resto de estudos de Etnobotánica de España, pois o foco está posto nas persoas, non nas plantas medicinais. “O factor humano é primordial en toda a obra”, asegura a autora.

Ademais de todo o relacionado coa Etnomedicina, ó longo dese ensaio novelado, o protagonismo das persoas ponse de manifesto a través das reseñas biográficas de cada un dos informantes chave ou dos comentarios, testemuños persoais, ritos ancestrais, adiviñas, cancións ou refráns, por poñer algún exemplo. 

María Moure asegura ter superado o desafío que constituía contentar ós expertos tanto como ó público en xeral, “Están presentes o sentido do humor e a espontaneidade derivada de transcribir literalmente o que me contaron en dous anos, elementos importantes para as persoas interesadas nas plantas medicinais e no Courel e para todos aqueles que queiran saber o que de auténtico, de raíz, de ancestral, permanece aínda no noso mundo”. 

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...