HomesociedadeInternet de balde en varios puntos de Castro Caldelas

Internet de balde en varios puntos de Castro Caldelas

O concello vai ofrecer esa posibilidade para veciños e visitantes e informa que o servizo empezará a funcionar en breve.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Castro Caldelas está a despregar unha Rede WiFi propia e independente –financiada con fondos europeos– co obxectivo de ofrecer internet de balde en zonas e edificios públicos a veciñas, veciños e visitantes .

Xa comezaron as obras de instalación en dez puntos que cubrirán as seguintes zonas de ocio e edificios públicos: Concello, castelo, polideportivo, Aula CeMit, Toural, Praza do Prado, Casco Histórico, Parque da Estrela, zona de autobuses e Xardíns do Santuario.

Traballadores instalando a rede Wifi. Foto: Sara Inés

Segundo comenta a alcaldesa, Sara Inés Vega, “con esta implantación punteira, que comezará a funcionar en breve, queremos facilitar a incorporación da tecnoloxía aos espazos de ocio e o acceso da poboación a internet”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...