HomesociedadeO día 10 modifícanse os horarios do transporte no CEIP Xoán de...

O día 10 modifícanse os horarios do transporte no CEIP Xoán de Requeixo de Chantada

A Xunta de Galicia atende as peticións de pais e docentes do CEIP Xoán de Requeixo, de Chantada, e desde este mércores adapta os horarios de dúas liñas de autobuses, que permitirá adiantar a saída do centro ás 15.15 horas, en lugar das 16.00, no que estaba fixada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade fixo este cambio de horario despois de ter coñecemento das peticións da Anpa e da comunidade educativa do colexio chantadino, nas que solicitaban o adianto do horario dalgunhas liñas de autobuses que parten do CEIP Xoán Requeixo. O día 6 de febreiro, Xornal de Lemos, facíase eco desta petición.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que cando a Xunta tivo coñecemento desta situación, unha vez falado coa directora do colexio, tomouse a decisión de cambiar o horario dalgunhas das liñas de autobús, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Con esta medida, tal e como pediu a dirección do centro, a saída dos alumnos poderase facer dende as 15.15 e de forma graduada.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...