HomesociedadeSuspendida a circulación na liña de tren Monforte-Vigo debido a unha focha

Suspendida a circulación na liña de tren Monforte-Vigo debido a unha focha

A circulación na liña ferroviaria entre Monforte de Lemos e Vigo tivo que ser suspendida debido a unha focha de grandes dimensións producida sobre as 10:30 horas da mañá deste martes no traxecto Frieira-Filgueira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo comunicaron fontes de Renfe, Adif iniciou os traballos de reparación da infraestrutura, aínda que de momento “non se sabe para cando se restablecerá” a circulación na vía.

Fontes de Adif confirmaron a Europa Press que de momento non hai unha previsión para o restablecemento da circulación. Ante estas circunstancias, Renfe habilitou un plan alternativo de transporte, polo que os trens de media distancia entre Vigo e Ponferrada serán trasbordados por estrada en parte do seu percorrido.

Así mesmo, os servizos Alvia entre Galicia e Barcelona, que en días alternos circula ata Vigo ou A Coruña, serán trasbordados por estrada e desviados por Santiago de Compostela. Finalmente, os Alvia entre Pontevedra e Madrid serán desviados vía Santiago.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...