HomesociedadeReparto de máscaras en Chantada e Monforte

Reparto de máscaras en Chantada e Monforte

Este luns, 22 de febreiro comeza o reparto de máscaras en Monforte e Chantada; mentres na área sanitaria seguen descendendo os casos activos e contabilízanse 795 (43 menos que onte).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte fai un reparto masivo de 190.000 máscaras que entrega no Edificio Multiusos. Pola súa banda o concello de Chantada comeza este luns un reparto de máscaras que se prolongará ata mediados de marzo. O reparto faise na entrada do edificio de servizos sociais de luns a venres en horario de 8.30 a 14.30.

En Chantada, a entrega de máscaras faise ás persoas empadroadas no concello que teñen máis de 14 anos e que deben de presentar o seu DNI. Entregaranse sete máscaras por persoa, dúas FFP2 e cinco cirúrxicas. En caso de non poder acudir, pode recoller as máscaras outra persoa co DNI que corresponda. Para máis información pode contactarse co teléfono 982 46 22 99.

Mentres na área sanitaria dende o pasado venres, 19 de febreiro non varía a cifra de pacientes en UCI (21) e tampouco a de falecidos (198). Os casos activos de coronavirus seguen en descenso en Galicia e sitúanse en 8.066, o que supón 550 menos que os rexistrados ata a xornada anterior. En concreto, redúcense nas sete áreas sanitarias galegas, das que tres se manteñen por encima do milleiro: A Coruña e Cee, con 2.647; Vigo, con 1.261; e Pontevedra e O Salnés, con 1.078; mentres que a de Santiago e Barbanza conta con 869; a de Ferrol, con 838; a de Lugo, con 795; e a de Ourense, con 578. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...