InicioSucesosCarencias no servizo de ambulancias da comarca de Sarria no traslado dun...

Carencias no servizo de ambulancias da comarca de Sarria no traslado dun ferido

O suceso tivo lugar no barrio do Mazadoiro este domingo cando un derrube deixa ferida a unha persoa. A ambulancia tardou máis de media hora en chegar ao lugar do accidente segundo explica o alcalde, circunstancia recurrente neste servizo do Sergas na comarca de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida este domingo no municipio de Sarria como consecuencia do derrube dun noiro polas fortes choivas caídas durante a fin de semana. Segundo sinala o alcalde, “houbo un pequeno desmonte de terra e puxéronse aí a traballar” para solucionalo. A continuación, “veu practicamente o muro” abaixo, “cun perigo importante, e arrastrou todo ata a estrada”.

Claudio Garrido asegurou a Europa Press que a ambulancia tardou máis de media hora en chegar ao lugar do accidente, polo que o accidentado tivo que ser trasladado “pola Policía Local practicamente no maleteiro do coche” ata o PAC, e de aí ao HULA.

“Hai que felicitar a rapidez da Policía Local, e denunciar as carencias do Sergas en canto ás ambulancias na comarca de Sarria, xa que un día tras outro tamén vemos atrasos en todos os accidentes, cando se precisa unha actuación rápida”, afirma o alcalde.

Sobre o “corremento de terras”, Garrido asegurou que “máis ou menos está solucionado”, e agora resta falar “cos propietarios do terreo” para “acoutar aquilo e tomar medidas para que non se repita”. “Cando se asente o tempo, hai que facer labores de saneamento”, concluíu.

ÚLTIMAS

Destilación de crise e medidas de apoio para a D.O. Ribeira Sacra

A Consellería do Medio Rural vén de anunciar que pedirá ao Ministerio de Agricultura,...

Ruta xeolóxica do alumnado do IES A Pinguela

A natureza concibida como unha gran aula foi o escenario dunha actividade organizada polo...

Presentación da 29ª Mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o alcalde do Concello de Pantón,...

Presentada en Taboada a programación de ‘RaizameS’

Conta atrás para a segunda edición de 'RaizameS' que se celebrará os días 10,...