HomesociedadeFolgoso do Courel sufraga os gastos das viaxes para vacinarse contra a...

Folgoso do Courel sufraga os gastos das viaxes para vacinarse contra a Covid19

O Concello de Folgoso do Courel colabora con aqueles veciños e veciñas que non teñan como desprazarse nos gastos derivados da viaxe para poñer a vacina contra a covid-19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Todos aqueles maiores que estean a ser chamados para realizar a vacinación no PAC de Quiroga poden poñerse en contacto co Concello para que este sufrague os gastos de desprazamento. O concello lembra que os veciños e veciñas poden asistir á vacinación no seu taxi de confianza e despois a administración local aboará ese pagamento. Se algún veciño ou veciña xa fixo a viaxe pode solicitar un recibo do seu taxista e o Concello de Folgoso do Courel tamén se fará cargo deses desprazamentos.

O Concello avisará desta medida mediante bandos colocados nas aldeas e tamén a través dos pedáneos e das redes sociais. Aténdese así a demanda de aqueles veciños que están nunha situación difícil para poder vacinarse como contaba Xornal de Lemos.

Mentres desde o Concello informan de que as traballadoras da axuda a domicilio xa recibiron a primeira dose da vacina a pasada semana.

ÚLTIMAS

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...