HomesociedadeUrbanización dunha nova rúa en Quiroga entre a rúa Tallos e o...

Urbanización dunha nova rúa en Quiroga entre a rúa Tallos e o cuartel

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, mantivo unha xuntanza telemática coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta xuntanza por vídeo conferencia celebrábase para presentarlle á Conselleira, o proxecto de urbanización dunha nova rúa que unirá a rúa Tallos co cuartel da Garda Civil.

A conselleira atendeu as explicacións do alcalde, Julio Álvarez, e estudou os planos que lle presentou o alcalde dunha rúa de  16 metros de ancho con todos os servizos urbanos, xa contemplada no Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Esta nova vía na parte alta da vila quiroguesa, ademais de unir a rúa Tallos co Cuartel da Benemérita, daría servizo ao futuro Cemiterio Municipal que proxecta construír o concello. A decisión de construír un cemiterio, o primeiro de carácter municipal, vén dada pola necesidade de contar cun lugar para acoller aos defuntos, posto que o cemiterio da parroquia de Quiroga xa non ten dispoñibilidade de máis terreo. 

ÚLTIMAS

Salvemos o Malecón presenta centos de alegacións ao proxecto da ponte e prepara contencioso contra a resolución de Patrimonio

A pesar do escaso tempo, durante tres días os membros da plataforma organizaron a...

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os...

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro...