HomeSucesosDelitos contra a seguridade colectiva e de furto en Sarria

Delitos contra a seguridade colectiva e de furto en Sarria

A Garda Civil investiga na localidade de Sarria a un veciño de Láncara como suposto autor dun delito contra a seguridade colectiva e detén nesta localidade a un veciño do Páramo como suposto autor dun delito de furto

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Garda Civil investiga aos supostos autores dun delito contra a seguridade colectiva en Lugo e Sarria. Neste último concello, o presunto autor conducía un turismo carecendo de permiso de condución. As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.

E a Garda Civil detén en Sarria a un veciño do Páramo, de 23 años de idade, como suposto autor dun delito de furto. Os feitos teñen lugar na segunda quincena de xaneiro no interior dunha vivenda situada na Pobra de San Xiao- Láncara, onde supostamente a persoa detida substrae dous televisores, unha bicicleta e diversos efectos, valorados todos eles en 1.600 euros. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...