HomeEconomíaA praga de ratas xa afecta a máis de 1.600 hectáreas de...

A praga de ratas xa afecta a máis de 1.600 hectáreas de nove concellos

O sindicato Unións Agrarias alerta sobre os perigos para as explotacións, cuxos custos se viron incrementados ao ser inservible a súa superficie de pasto.

Publicado o

- Advertisement -

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, estimou en máis de 1,1 millóns de euros os danos causados polas ratas toupa en nove concellos da provincia de Lugo, sobre todo da montaña.

Segundo comentou, trátase dunha “praga” que se denunciou en 2019 e que afectaba os municipios de Triacastela e Pedrafita e que se acabou estendendo a Baralla, As Nogais, Cervantes, O Courel, Navia de Suarna, Samos e Becerreá.

A Consellería de Medio Rural cifra en 1.600 as hectáreas afectadas, aínda que “de seguro que son máis”. Por cada hectárea, perderíanse “700 euros” en forraxe e pasto, polo que o cómputo daría unhas perdas de 1.120.000 euros, segundo estimacións do sindicato agrario.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...

“Artur Ui, o ovo da serpe”, este 22 de outubro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...