HomesociedadeUnha "Gran mestra da cociña tradicional" en Quiroga

Unha “Gran mestra da cociña tradicional” en Quiroga

Maribel Raposo Rodríguez, da Cantina O Foguete de Pacios da Serra en Quiroga, vén de ser recoñecida como “Gran Mestra da Cociña Tradicional”. Este distintivo concédeo a Federación de Academias da Gastronomía dos Camiños a Santiago e a Academia Galega de Gastronomía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Vicepresidente da Academia Galega, Francisco García Bobadilla, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, desprazáronse ata Pacios da Serra para facerlle entrega a Maribel Raposo dun diploma como recoñecemento polo seu coidado e custodia das receitas tradicionais e por manter viva unha forma de cociñar tradicional.

A Academia Galega de Gastronomía ten como finalidade potenciar todo o relacionado coa gastronomía galega, dende os produtos ata a forma de elaboración. A Academia tamén recoñece a aquelas persoas que contribúen a potenciar a cociña galega, tanto tradicional como moderna, cos seus distintivos como mestres da cociña.

Membros desta entidade tiveron ocasión de degustar os produtos da Cantina O Foguete en varias ocasións (un menú diario composto por media ducia de pratos elaborados con produtos da tempada e outras tantas sobremesas caseiras), o que os levou a outorgar este recoñecemento á persoa que dende hai anos a rexenta. 

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...