HomeDeportesCando o deporte corre polas veas

Cando o deporte corre polas veas

A pista de atletismo do Campo da Pinguela en Monforte chámase agora  Pista de Atletismo Saleta Fernández.

Publicado o

- Advertisement -

A atleta monfortina do Valencia Esports recibe un novo recoñecemento do concello de Monforte de Lemos. Unha placa co nome da saltadora de altura da nome ás pistas de atletismo da Pinguela. En xullo Saleta conseguía na Festa do Deporte Monfortino, o premio á Excelencia Deportiva. Estes anos están sendo excelentes para a atleta, ademais dos recoñecementos da súa localidade natal e doutros méritos deportivos (3 veces Campioa de España sub 23), este ano proclamouse Campioa de España en salto de altura en pista cuberta, título que viña gañando desde hai anos a campioa olímpica Ruth Bieitia .

V Campus de Voleibol

O Clube Voleibol Ribeira Sacra Monforte organiza coa colaboración do Concello de Monforte a V edición deste campus destinado a rapaces de entre 7 e 16 anos. A actividade desenvolverase entre o 20 e o 24 de agosto en horario de 10.00 a 13.30 h. no Pavillón Municipal da Pinguela. Ofértanse 60 prazas a un prezo de 30€. Aquelas familias que inscriban a máis dun fillo/a terán un desconto do 50%. Para máis información e inscricións poden acudir á Oficina Municipal de Desportes, nas Casitas da Compañía, ou ben chamar aos teléfonos: 982 875 430 (Deportes) 626 890 180 (Verónica Contreras) ou 649 964 005 (Manolo Martínez).

 

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...