HomesociedadeIníciase a expropiación de terreos para o cemiterio municipal de Quiroga

Iníciase a expropiación de terreos para o cemiterio municipal de Quiroga

A corporación municipal aproba por unanimidade o inicio do expediente de expropiación de terreos para a construción do cemiterio municipal de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A decisión de construír un cemiterio, o primeiro de carácter municipal neste concello, vén dada pola necesidade de contar cun lugar para acoller aos defuntos, posto que o cemiterio da parroquia de Quiroga xa non ten dispoñibilidade de máis terreo. A lei de competencias municipais define que é obrigación dos concellos dispoñer dun terreo mortuorio, polo que o concello deberá realizar esta obra.

O primeiro paso para poder levar a cabo este proxecto, contemplado en dúas anualidades, é dispoñer dos terreos. Polo que a corporación municipal comezou coa aprobación do expediente de expropiación, o inicio do proxecto de construción do novo cemiterio

O proxecto do novo recinto ten unha superficie de 3.326 m2, no que se construirán 1.036 unidades de enterramento novos entre panteóns e nichos. Tamén contará con dous columbarios para depositar as urnas das cinzas con 42 espazos cada un; e un local de culto aconfesional.

cemiterio / concello de Quiroga

Dende o novo recinto crearase unha rúa en diagonal e unha serie de rúas que facilitarán o acceso a todos os servizos do cemiterio así como ao antigo campo santo. Aínda que o novo cemiterio estará unido ao actual, o anterior seguirá sendo de carácter eclesiástico e o novo será municipal, polo que o seu terreo será tamén da súa propiedade.

ÚLTIMAS

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...