HomeCultura"Punto e seguido" retoma a súa andaina en Sober

“Punto e seguido” retoma a súa andaina en Sober

A colección de fotografías 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' retoma a súa andaina despois do parón causado polas medidas sanitarias de control da pandemia da COVID-19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra ‘Punto e seguido chega á casa da cultura de Sober, onde poderá verse do 16 ao 29 deste mes. De luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00.

O Concello de Sober colabora coa Federación Galega de Dano Cerebral na organización da mostra e da charla, que terá un aforo limitado a 30 persoas. Quen queira asistir pode anotarse chamando ao 982 46 05 13.

A mostra acompañará a charla que a traballadora social de FEGADACE vai impartir, na mesma Casa da Cultura, o día 23 de marzo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...