HomePolíticaCaballero destaca a importancia dos fondos Next Generation para o fomento do...

Caballero destaca a importancia dos fondos Next Generation para o fomento do rural

Realizou unha visita a Ribas de Sil, Quiroga, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón e Bóveda.

Publicado o

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou este xoves que parte dos fondos Next Generation da UE para a recuperación económica se destinan a municipios de menos de 5.000 habitantes, e recalcou que esas axudas supoñen unha “oportunidade histórica” para revitalizar o rural de Galicia.

Así o trasladou durante unha visita realizada ao concello de Ribas de Sil, na que lembrou que, tras 12 anos de goberno de Feijóo, nos que “falar da Galicia rural foi falar de abandono e esquecemento”, é necesario reverter ese “déficit de políticas” destinadas ao medio rural.

Caballero subliñou que a recuperación económica “só chegará a todo o territorio” se se pon o foco en “axudar aos concellos pequenos e aos galegos e galegas que viven en lugares onde falta poboación”. Nese sentido, reclamou unha “folla de ruta comprometida coa xeración de emprego e servizos públicos en pé de igualdade entre os galegos do rural, respecto da Galicia urbana”.

Por iso, fixo un chamamento a “aproveitar” eses fondos de recuperación para reforzar o emprendimento, mellorar os servizos públicos e conectar dixitalmente todo o territorio, así como para apontoar actividades relacionadas co turismo e a cultura. “Non podemos desaproveitar unha oportunidade histórica como os fondos Next Generation”, sinalou o líder dos socialistas galegos, á vez que reclamou “políticas expansivas” e unha “aposta decisiva para reverter a Galicia baleirada”, fronte a “discrusos xenéricos carentes de compromiso”.

Tras a súa visita a Ribas de Sil, acompañado polo alcalde socialista Miguel Sotuela, Gonzalo Caballero visitou tamén outros municipios da comarca, como Quiroga, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón e Bóveda.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...