HomesociedadeO alcalde de Quiroga insta á oposición a interceder ante a Deputación...

O alcalde de Quiroga insta á oposición a interceder ante a Deputación para o financiamento do futuro cemiterio

Julio Álvarez apelou, en pleno, aos grupos da oposición para invitar ao presidente provincial a visitar Quiroga e coñecer o proxecto; posto que “a financiación para o novo cemiterio é importante veña de onde veña”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A pasada semana a corporación municipal aprobaba en sesión plenaria  o inicio do expediente de expropiación de terreos para a construción dun cemiterio municipal de Quiroga. 

Todos os grupos con representación municipal votaron a favor do inicio deste proxecto, non obstante o BNG, quixo deixar claro que había que controlar  o custo deste proxecto posto que o prezo dos terreos é de 111.070 €,  21.070 € máis do orzamentado. 

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, informou a este respecto de que xa se entrevistou coas conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e de Infraestruturas e Mobilidade; ademais de co Vicepresidente primeiro da Xunta para presentarlles o proxecto e conseguir financiación. Tamén afirmou que levaba preto de dous anos agardando por unha cita co presidente da Deputación Provincial, José Tomé, para presentarlle o proxecto e que o presidente provincial aínda non lle fixara un día para celebrar o encontro.

Julio Álvarez, fíxolles unha petición aos grupos de PSOE e do BNG para que intercedan para que o presidente da Deputación de Lugo o reciba, xa que dixo “podería botarnos unha man polo menos nos 20.000 € aproximadamente (21,070€) que faltan para a compra dos terreos, posto que o proxecto é custosísimo”.

A obra do futuro cemiterio, incluíndo o cemiterio municipal e a rúa de acceso, suporía un investimento duns 650.000 euros segundo o alcalde de Quiroga, financiándose en dúas anualidades.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...