HomePolíticaAo César o que é do César e a Deus o que...

Ao César o que é do César e a Deus o que é de Deus

Segundo Por Chantada dada a importancia de Chantada como porta da Ribeira Sacra e a riqueza do seu románico, o Concello debería mediar para sentar as bases dun procedemento que redunde na promoción da diversificación cultural e da calidade e atractivo turístico da contorna.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas parroquias galegas ata data ben recente eran as campás o medio de comunicación entre a veciñanza, xa que se convocaba ós mesmos con distintos toques, segundo o momento ou a finalidade: a rebato, a morto etc. “No entanto, e aínda sendo conscientes os que nos criamos no rural que as reformas dos lugares de culto corrían á escote nen a campá nen o pendón das nosas parroquias son,” sinalan desde Por Chantada, e seguen así “O Goberno de José María Aznar permitiu que a Igrexa católica puidera proceder á inscrición rexistral dunha inxente cantidade de bens inmobles de alto valor cultural, patrimonial e económico, que ata entón tiñan o carácter de bens de dominio público. Tratouse dun proceso de desposesión do pobo para beneficio da Igrexa nun Estado aconfesional.”

Dentro da provincia de Lugo é o Concello de Chantada onde máis bens se inmatricularon sen que se erguera a voz do Concello para facer valer o ben común. Por Chantada sinala “Existen varias problemáticas ligadas aos bens culturais propriedade do bispado. Dunha parte, faltan ferramentas para facilitar acceso e aproveitamento dos recursos, de maneira que se garanta a seguranza dos bens e se poidan restaurar e mellorar. Non facelo é caer no desleixo e no abandono. Doutra parte, na Ribeira Sacra estes bens poden contribuír para dinamizar cultural e turisticamente a nosa contorna, mais para iso cómpre facilitar outros usos sociais para alén dos litúrxicos.”

Moción Por Chantada

Con estes antecedentes, Por Chantada presenta unha moción no concello na que demandan solicitar ao Ministerio de Xustiza toda a información relativa ás inmatriculacións realizadas pola Igrexa católica no termo municipal de Chantada desde a reforma do Regulamento Hipotecario de 1998 ata a actualidade. Así mesmo, instan ao Concello de Chantada a impulsar a recuperación do patrimonio que así se acredite como bens de titularidade pública

Piden tamén solicitar á Xunta da Galiza e á Deputación de Lugo información sobre todos os investimentos realizados con diñeiro público no arranxo, mellora e sostemento do patrimonio inmatriculado pola Igrexa neste Concello e instar á Xunta a comparecer en todos aqueles procedementos xudiciais cuxo obxecto sexa a recuperación de bens inmóbeis inmatriculados pola Igrexa católica.

Por Chantada quere instar ao Goberno do Estado a iniciar os trámites para declarar a inconstitucionalidade dos artigos modificados (artigo 206 da Lei Hipotecaria e artigo 5 do Regulamento Hipotecario), a fin de evitar unha amnistía rexistral e posibilitar a recuperación dos bens inmatriculados; e dirixirse a Patrimonio para iniciar o procedemento que garanta a apertura ao público do mosteiro de San Salvador de Asma en cumprimento da súa condición de BIC.

Por úlitmo a moción pide iniciar os trámites coa Diócese de Lugo para asinar un convenio que posibilite o uso turístico e cultural dos bens do patrimonio relixioso, xestionado polo bispado de Lugo no concello de Chantada.

ÚLTIMAS

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...