HomesociedadeDetectado un novo gromo familiar na Pobra do Brollón

Detectado un novo gromo familiar na Pobra do Brollón

O alcalde xa agarda que se endurezan as restricións ao rexistrase sete casos activos no concello, cunha incidencia superior a 400 por cada 100.000 habitantes.

Publicado o

- Advertisement -

Un novo gromo de Covid-19 foi detectado no municipio da Pobra do Brollón no seo dunha familia, feito que disparou a incidencia por enriba de 400 por cada 100.000 habitantes a 15 días vista da evolución da pandemia.

Así o confirmou o alcalde desta localidade, José Luís Maceda, quen comentou que deste xeito ascenden a sete os contaxiados no municipio.

José Luís Maceda sinalou que “á primeira hora” da mañá deste luns puxéronse en contacto con el desde o centro de saúde para comunicarlle que “hai sete casos e agora estase á espera de que se faga a proba a contactos e a ver o que pasa”, abundou.

“É unha mala noticia que hai que lamentar, pero as cousas son así. Non é agradable pero hai que convivir co virus e haberá momentos mellores ou peores”, manifestou Maceda, que en pouco tempo viu como volveron ao seu concello altos niveis de contaxios tras saír das máximas restricións impostas pola Xunta hai un par de semanas.

Respecto diso, Maceda revelou que este novo gromo xorde dunha “reunión familiar”. “E estamos nesta situación que non resulta agradable”, engadiu. “Hai que esforzarse por facer as cousas ben. Estas situacións prodúcense porque ás veces confiámonos. Hai que seguir insistindo na sensatez, e agora toca superar esta situación de novo”, conclúe o alcalde da Pobra do Brollón, que xa espera que se eleve o nivel de risco no municipio por este novo gromo.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...